Comezamos en Chantada

cartaz FINAL

O Telecentro de Chantada converteráse durante os días 19, 20, 21, 22 nun lugar chave da formación no uso responsable das tecnoloxías da información e a comunicación. Este seminario ten como obxectivo traballar cos cativos e cativas da comarca de entre 10 e 12 anos co fin de facilitar un proceso de educación conxunto no uso das novas tecnoloxías.

Este obradoiro é o primeiro módulo do Campus TICTACTIC: “Eu no cuarto conectado”, que procura habilitar un espazo de capacitación de preadolescentes en torno ás TIC opensource e facilita o acceso a competencias dixitais e a optimización e uso responsable, e tamén subversivo e crítico, de dispositivos e plataformas que empregan na cotidianidade, así coma o fomento de dinámitas colaborativas.

O curso está coordinado pola Asociación Airoà e conta como docentes con Fran Quiroga e Andrea Olmedo, ambos expertos en materia de tecnoloxía dixital, procesos colaborativos e comunicación multimedia. Como membros de Montenoso veñen de recibir un Premio no máis recoñecido Festival de arte dixital, o Ars Electronica.

Os obxectivos deste seminario creativo son achegar aos nenos e nenas da comarca os coñecementos necesarios para adentrarse no eido das novas tecnoloxías, como poden ser as redes sociais ou ferramentas que facilitan o traballo colaborativo. A través deste curso incidirase no uso responsable das tecnoloxías co obxectivo de que entre todos os participantes se vaian respondendo as principais claves e dudas que existen nos adolescentes en torno ao mundo 2.0

Para inscribirse haino que facer dende esta aplicación