Comunidades online
Unha comunidade online é un espazo virtual no que un grupo de persoas interactúan co obxectivo de satisfacer as súas necesidades e comparten un proposito ou un vencello entre elas, e dispoñen dalgún sistema informático, de aí a palabra online, que facilitan que haxa esas interaccións entre as persoas que forman parte desa comunidade online.
Por exemplo unha comunidade online pode ser a das persoas que forman parte dun grupo no facebook, no que van compartindo novas ou facendo comentarios sobre calquer cuestión, como poden ser as festas de Chanatada, por exemplo.
Outro caso moi típico de comunidade online son as persoas que desenvolven un programa informático. Estas persoas comparten o desexo de desenvolver un programa como gimp, do que falamos aquí e son quen de traballar en comunidade co obxectivo de sacar adiante ese programa.
Comentarios recentes