II edición do Tictactic!

cartaz TICTACTIC

A II edición do Tictactic, impulsado pola asociación Airoá Comunicación, desenvolverase do 17 ó 20 de agosto no Telecentro de Chantada, un lugar chave da formación no uso responsable das tecnoloxías da información e a comunicación. Este seminario ten como obxectivo traballar cos cativos e as cativas da comarca de entre 11 e 13 anos co fin de facilitar un proceso de educación conxunto no emprego de tecnoloxías a información e a comunicación.

Este obradoiro constitúe o segundo módulo do Campus TICTACTIC,  que procura habilitar un espazo de capacitación de preadolescentes en torno ás TIC opensource e facilita o acceso a competencias dixitais e a optimización e uso responsable, e tamén subversivo e crítico, de dispositivos e plataformas que empregan na cotidianidade. Tamén o fomento de dinámicasde traballo colaborativo online e offline.

Baixo o título “Da remistura multimedia ao webdocumental. Historia(s) da Ribeira Sacra” fomentarase a capacitación en rexistro e edición de imaxe, son, vídeo, vídeo en redes, e interactividade. Ademáis farase un repaso do temario tratado no Móduo I “Eu no cuarto conectado”, adicado ás redes sociais, comunicación dixital, ferramentas dixitais para o traballo colaborativo e creatividade relacionada cos media.

O curso está coordinado pola Asociación chantadina Airoà Comunicación e conta como docentes con Alba Sánchez e Andrea Olmedo, expertas en materia de tecnoloxías e creatividade dixital, procesos colaborativos e comunicación multimedia. A través deste curso incidirase no uso responsable das tecnoloxías e afóndase nas posibilidades do mundo 2.0 para os  e as adolescentes a través dunha temática concreta: A Ribeira Sacra.

Para inscribirse haino que facer dende esta aplicación