INSCRÍBETE

Powered by Typeform

Seminario deseñado para un total de 10 preadolescentes, de 11 a 13 anos, en perído vacacional e con disponibilidade durante os días 17 ao 20 do mes de agosto en horario de mañá (de 10 a 14). Este primeiro módulo terá lugar no Telecentro de Chantada. Hanse facer varios grupos de participantes e cada un asumirá tarefas específicas en base ás súas afinidades.

Este módulo ten como obxectivo acercar novos conceptos relacionados coas tecnoloxías aos cativos e cativas que participen, coa intención de poder mostrarlles como se pode facer un uso responsable das TICS, asi como abrir o uso destas ferramentas a potenciación da sía creatividade. Trátase dun seminario creativo e innovador, onde os rapaces e rapazas serán quen conduzan esta nova forma de aprender, máis centradas nas necesidades dos e das preadolescentes.

Valorarase a variedade de perfís e o equilibrio entre nenos e nenas, así coma a remistura de intereses e capacitación dixital das persoas que queiran participar. A convocatoria será aberta e a selección das e dos participantes, no caso de ver desbordadas as solicitudes, vaina facer Airoá Comunicación en base ós criterios expostos na convocatoria. O módulo é de balde. Se tes algunha dúbida podes escribirnos a ola@tictactic.net ou chamando a 649724031