Narrativas transmedia
E que veñen sendo as narrativas transmedia?
Pois as narrativas transmedia son outras formas de comunicar nas que destacan o emprego de recursos relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación. Estas narrativas adoitan buscar un engache co público ao que se dirixe empregando diferentes soportes e misturando texto, con imaxes, vídeos e sons.
Algúns exemplos disto, poden ser:
El cosmonauta – proxecto crowdfunding transmedia consistente nuhna película, webisodios, libro e un falso documental, dirixido por Nicolás Alcalá
La idea de Europa - proxecto colaborativo que, a partir do texto de George Steiner do mismo título, procura abrir o diálogo e a reflexión entre os cidadáns europeos sobre aquelas cuestións fundamentais que nos definen como o que somos.
160 metros – é a distancia que separa as dúas márxes da ría de Bilbao. O proxecto é unha aproximación económica, social e cultural a dúas formas de ver a vida, separadas -ou unidas- polo rock, nun entorno de desindustrialización e de construcción dunha nova cidade a finais dos anos 80 e principios dos 90, de maneira paralela á construcción do Museo Guggenheim.
Voces de la memoria - O 26 de septiembre de 2010, o público reunido no Palau da Música de Valencia é testemuña dun concerto único: un coro integrado por enfermos de Alzheimer interpreta un repertorio que inclúe cancións populares, un himno gospel, ou complexos exercizos polifónicos. Este documental interactivo descubre como foi posible chegar ata aquí, a través de meses de traballo musicoterapeutico, asistindo ao día a día da convivencia dos doentes e os seus familiares coa demencia, e a súa sorpresa fronte aos beneficios da música.
Comentarios recentes