O Campus TIC TAC TIC é un espazo que busca a capacitación en TIC de preadolescentes e facilita o acceso a competencias dixitais, on e offline, así coma a optimización e emprego responsable de dispositivos e plataformas que empregan na cotidianidade.
Este Campus presenta unha metodoloxía para o desenvolvemento de traballo colaborativo e pon foco nas ferramentas que axuden a afrontar proxectos grupais, colaborar, organizar, establecer redes de traballo, así coma promover o espírito crítico e capacitar xs alumnxs para facer uso de fontes información de calidade.
O campus divídese en catro módulos:
O primeiro módulo está baseado na introducción á comunicación 2. 0 e na posta en marcha de ferramentas online colaborativas.
O segundo módulo está centrado na introducción da creación multimedia para entornos online.
O terceiro baséase na iniciación á programación, seguindo o fío dende a idea á abstracción e á xeración de códigos sinxelos para a comunicación básica coa computadora.
O cuarto baséase nunha introducción a conceptos da electrónica e robótica con fins educativos.
Este Campus ira desenvolvendo os módulos que o compoñen en diferentes locacións e durante diferentes días (recomendamos seguir esta web para coñecer as datas). O Campus TICTACTIC ten varias liñas transversais e procura facilitar un ecosistema de aprendizaxe colaborativo entre os rapaces e rapazas, tratase dun proceso máis semellante á da mediación que a da docencia, xa que se procura que mediante diferentes dinámicas, os rapaces e rapazas sexan quen de ir adentrándose no edio das tecnoloxías dixitais e online.
Os obxectivos deste Campus son:
- Facilitar ferramentas que axuden na dinamización da nosa cultura dixital
- Impulsar o empoderamento tecnolóxico destas comunidades o que permitirá que estas microhistorias teñan o seu oco na rede
- Valorizar os coñecementos locais, asi como facilitar a interacción entre os saberes das/os mais vellas/os e os dos/as máis novos/as
- Reconstruir novos relatos dende novos soportes en torno á cultura galega.
- Mixturar coñecementos máis tecnolóxicos con outros máis tradicionais.